• Hoy 11º 3
  • Martes 10º 6
  • Miércoles 7º 6

Actividades culturales

ACTIVIDADES OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO 2022

O martes, 27 de setembro, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Actividades para adultos do Concello de A Fonsagrada. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 7 de outubro. A xestión realizarase por correo electrónico ao enderezo ActividadesFonsagrada@gmail.com. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello. A listaxe de admitidos/as publicarase o 9 de outubro na páxina web do Concello de A Fonsagrada.

Esta temporada as actividades nas que poderán inscribirse son: ioga, pilates e reforma de mobles.

PILATES:  No Antigo IES  dous días á semana (luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.
IOGA: No Antigo IES  dous días á semana (luns e mércores de  20:15 a 21:15 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.
REFORMA DE MOBLES: Na Aula Verde (sábados de 10:00 a 13:00 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 10 personas. O custe trimestral do material é de 85€. O pago do material  abonarase directamente ao docente.

As tarifas para o trimestre de cada actividade son de 60 euros.

Preinscrición
O prazo de preinscrición é do 27 de setembro  ao 7 de outubro de 2022. Realizarase unicamente a través do enderezo electrónico ActividadesFonsagrada@gmail.com.No caso dun/dunha menor que teña máis de 14 anos, terá que ter autorización asinada polos pais. 

Se existisen máis solicitudes que prazas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello.

Para máis información sobre estas actividades, pódese chamar aos números de teléfono 982 34 05 04 e 982 34 00 00. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo: cultura@afonsagrada.org

Método de pagamento

Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 9 de outubro, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 21 de outubro de 2022. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López

 

Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

 

Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o trimestre.

Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.

 

Folleto de preinscrición

Cargando...